» banda deseñada »  autores
retrato_manelcraneo.jpgPena Vilar, Manuel Ángel
A Coruña  1973   
Teléfono: 607 732 393 /
Manel Cráneo
Debuxante
Debuxante e ilustrador cunha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosísimos fanzines como "Ovo", "Costra de Postre", "Os rústicos da guadaña", "Craneografía" e "Craneofilia". Participou nas dúas etapas da revista "Golfiño" realizando a serie "A fraga Milmañas" con guións de Carlos Amil. Traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como "BD Banda", "Barsowia" e "Subterfuge". Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Na mesma época foi o principal promotor con Kike Benlloch do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, é o responsable do storyboard de diversos filmes ("O lapis do carpinteiro") e curtametraxes ("A ti como se che di adeus").
Cráneo Mortem
Planeta Mincha

Palmarés
Gañador de diversos premios de Ourense, tamén foi galardoado en Granada por unha recreación en BD da vida de Federico García Lorca. 1993: Recibiu un accésit no III Certame Ourense de BD por "O párroco de Algures". 1994: Concedéuselle un accésit por "Rosario", no IV Certame Ourense de BD. 1995: Mereceu un accésit no XI Concurso Galego de BD por "Muller na estrada". 1996: Pola historia "Centro Psiquiátrico Xudas Iscariote" foille concedido o 4º premio no XII Concurso Galego de BD. 1997: Recibiu o 3º premio no XIII Concurso Galego de BD. 1999: Co cómic "Tío Toné" levou o sexto premio do XV concurso galego de banda deseñada Xuventude. 2002: Foi seu o 4º premio do III Certame Galego de Imaxe Artística (categoría A, 23-30 anos), pola historia "Miña lúa". 2003: Con "Un branco moi negro" levou o 4º premio do IV Certame de Imaxe Artística 2003 (categoría A).

Formación específica
Estudo na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.
publicacións
Revista ou comic-book
A Torre dos Mouros
Debuxante, Guionista,
Álbum
Cousas de mortos
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Viralatas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Os lobos de Moeche
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Revista ou comic-book
Os Áridos
Debuxante, Colorista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Dámsmitt
Debuxante,
Revista ou comic-book
Caña
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante, Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Revista ou comic-book
Semana da banda deseñada
Debuxante,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Fanzine
Merienda de locos
Debuxante,
Revista ou comic-book
Ovo
Debuxante, Editor,
Fanzine
Os rústicos da guadaña
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
La Carallada
Debuxante,
Fanzine
Kedeké
Debuxante,
Fanzine
Craneografía
Debuxante,
Fanzine
Macabro
Debuxante,
Fanzine
Nicasso
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Os retos de Manel Cráneo á fronte de Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 15 / 4 / 2024
O festival coruñés celebrará a súa 27 edición entre o 12 e o 18 de agosto
A XIII xeira de FalaRedes achega 150 actividades
Publicado o 4 / 4 / 2024
O programa de dinamización lingüística para a mocidade inclúe música, teatro, monicreques ou obradoiros de banda deseñada
A serie Así falamos, así sentimos leva a Nabiza Girl á animación
Publicado o 15 / 3 / 2024
O personaxe creado por Isabel Risco para a escena xa fora adaptado á banda deseñada e ao audiovisual
Manel Cráneo é o novo director de Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 7 / 3 / 2024
O autor e editor colle a remuda á cabeza do festival de banda deseñada da Coruña
Manel Cráneo adapta a Xabier Alcalá á banda deseñada en Cinza
Publicado o 14 / 12 / 2023
Ula e Vinca e Fago o que podo súmanse ás novidades galegas de novena arte
O impacto da IA nas industrias creativas a debate hoxe na Coruña
Publicado o 21 / 9 / 2023
Coruña Gráfica e ASCEGA organizan a xornada "Intelixencias Artificiais versus Industrias Creativas"
Demo Editorial presenta tres novas BDs este verán
Publicado o 24 / 8 / 2023
Santy Gutiérrez e a obra arxentina O cárcere da fin do mundo protagonizan os lanzamentos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org